Exercicios de aplicación das propostas teóricas e técnicas.
20
B3 B5 B7
C8
D1
Estudo de casos
Análise de casos concretos relativos ao son en producións audiovisuais e exposición dos mesmos.
20
B3 B4 B7
C8
Traballo
Traballos de recreación e creación da postprodución completa dunha secuencia.
20
B3 B4 B7
C8
D1
Resolución de problemas e/ou exercicios
Exámen, de resposta curta ou tipo test, para comprobar os coñecementos que adquiriu o alumno sobre os conceptos teóricos da materia
20
B4
D1
Observación sistemática
A asistencia valorarase proporcionalmente ao nº de clases e a participación será valorada pola observación do docente.
20
B3 B4 B5 B7
C8
D1
Outros comentarios sobre a Avaliación
A asistencia é obrigatoria e valorarase proporcionalmente co 10% do valor total (1 punto). Así mesmo a participación nos debates e presentacións tendrá un valor de ata o 10% restante (1 punto) En cada apartado poderá haber mais dunha proba, que se irán secuenciando ao longo do curso.
Será necesario obter un mínimo de 5 sobre 10 en cada unha das probas (incluida a asistencia e a participación) para poder facer a media entre os distintos elementos de avaliación. No caso de supender algún das partes e ter que acudir á convocatoria de xullo manterase a nota das partes superadas ou aprobadas. (excepto a asistencia e participación).
Será necesario realizar todos os traballos e proxectos para superar a asignatura.
Os traballos terán unha data improrrogable de entrega. Fóra desta, consideraranse non entregados nesta convocatoria e quedarán para a seguinte.
O alumno poderá optar a dous tipos de cualificación: avaliación continua e avaliación global.
1- Avaliación continua: Aplicaranse as porcentaxes e conceptos anteriores (Exame, Prácticas TIC, estudo de caso e Traballo tutelado).
A nota final será a nota media dos 4 apartados, segundo as súas porcentaxes relativas. Conservaranse as cualificacións das partes aprobadas para a convocatoria de xullo.
Na segunda edición (xullo) aplicaranse os mesmos criterios.
Todos os detalles da estrutura do exame, as declaracións de traballos e prácticas, o calendario de entrega, os criterios de corrección, así como as cualificacións, publicaranse na plataforma MOOVI. Será responsabilidade do alumno estar atento a esta información, xa que non se facilitará por ningún outro medio.
2 - Avaliación global
De conformidade co disposto no Regulamento de avaliación, cualificación e calidade docente e no proceso de aprendizaxe do alumnado, o estudante que non opte pola modalidade de avaliación continua terá dereito a unha proba global nas datas que determine a Facultade. Será unha única proba que permitirá ao alumno cualificar entre 0 e 10, igual que na avaliación continua.
Esta posibilidade deberá ser solicitada expresamente polo estudante, con antelación e cos trámites que determine o Decano da Facultade, e suporá a anulación automática de todas as cualificacións obtidas pola modalidade de avaliación continua. O devandito procedemento pódese consultar na plataforma MOOVI. Non se admitirán solicitudes transcorrido o prazo establecido e, unha vez recoñecido o dereito, non se poderá desistir do mesmo.
As probas realizaranse na data e hora oficialmente establecidas pola Facultade.
Como norma xeral, a duración desta proba oficial é de dúas horas. Para a avaliación global, cada alumno necesitará 3 horas adicionais (5 desde o inicio da proba) para realizala.
Constará do seguinte:
1º - Exame teórico (20% da nota). Será similar á da modalidade de avaliación continua, polo que é aplicable o que se explica no apartado de Exame de preguntas de desenvolvemento do epígrafe de Avaliación da guía.
2º - Traballo final (40% da nota). Tamén será similar á proposta na avaliación continua. O alumno entregarao o día da proba final de avaliación.
3º - Prácticas (40% da nota). Realización dunha postprodución de son que se realizará empregando os medios e os espazos da Facultade. Esta proba realizarase despois do exame teórico e terá unha duración máxima de 3 horas.
A nota final será a nota media das 3 partes, segundo as súas correspondentes porcentaxes.
Conservarase a cualificación das partes aprobadas para a edición de xullo (excepto a asistencia).
Na segunda edición (xullo) aplicaranse os mesmos criterios. Todos os detalles da estrutura do exame, as declaracións de traballos e prácticas, o calendario de entrega, os criterios de corrección, así como as cualificacións, publicaranse na plataforma MOOVI. Será responsabilidade do alumno estar atento a esta información, xa que non se facilitará por ningún outro medio.
Calquera aspecto non previsto nesta guía resolverase en función do citado Regulamento de avaliación, cualificación e calidade da ensinanza e do proceso de aprendizaxe do alumnado. https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/show/565
SOBRE A AVALIACIÓN GLOBAL
O alumnado deberá informar ao docente da súa renuncia expresa ao sistema de avaliación continúa no prazo establecido polo centro para tal fin, axuntado cuberto e asinado o documento habilitado para tal fin.
AVALIACIÓN GLOBAL DA MATERIA
A proba de avaliación global realizarase na data e horarios previstos polo centro no calendario de exames oficial. O estudante deberá superar todas e cada unha das probas de avaliación previstas que se detallan a continuación obtendo unha cualificación mínima de 5 puntos en cada unha delas.
Dada a extensión das probas o alumnado que se acolla a avaliación global deberá dispor de 5 horas para a realización das mesmas a
partir da hora oficial de inicio do exame da materia segundo o calendario oficial.
Breve descrición das probas
Proba 1. Exame teórico. Realizarase une xame teórico. O exame ten un valor do 30% sobre o total da nota sendo preciso obter unha cualificación mínima de 5 puntos para aprobar esta parte. Unha cualificación inferior non servirá como media coas outras probas.
Proba 2. Traballos prácticos. Facer entrega de dous traballos propostos polo docente. O conxunto dos traballos (2) ten un valor do 30% sobre o total da cualificación. Debe obterse unha cualificación mínima de 5 puntos en cada un dos traballos para superar esta parte. Unha cualificación inferior non servirá como media coas outras probas. Os traballos serán entregados na data e horario do exame. O detalle dos contidos dos traballos, metodoloxías e criterios de avaliación serán facilitados aos estudantes de avaliación global unha vez rematado o prazo de renuncia expresa á avaliación continua.
Proba 3. Actividade práctica. Tras a elaboración do exame os estudantes de avaliación continua deberán asistir co docente a sala de prácticas habitual, onde deberán realizar actividades prácticas semellantes ás realizadas polos alumnos de avaliación continua, empregando os mesmos recursos e equipamentos empregados por estes. A proba durará un máximo de tres horas dende o comezo da mesma. O detalle das probas así como os criterios de avaliación será remitido ao alumnado nun prazo non superior a un mes
dende a renuncia efectiva a súa avaliación continua. A selección de actividades prácticas, no seu conxunto, ten un peso do 40% sobre o total da cualificación sendo preciso obter unha cualificación mínima de 5 puntos para aprobar esta parte. Unha cualificación
inferior non servirá como media coas outras probas.
Resume das probas e porcentaxe de valoración global do conxunto de tarefas
Proba 1. Exame. Valoración do 30% sobre o total da nota.
Proba 2. Traballos final. Valoración do 40% sobre o total da nota.
Proba 3. Actividades prácticas. Valoración do 30% sobre o total da nota.
Os estudantes deberán obter unha cualificación mínima de 5 puntos en todas as probas.
A información sobre as probas de avaliación, o seu formato, extensión, rúbrica de avaliación e canles de entrega serán detalladas a través da plataforma Moovi. É responsabilidade do alumno ou alumna estar atento á información subida e recompilar a información específica e complementaria que sexa precisa para superar a materia.