AVALIACIÓN CONTINUA Avaliación
baseada na participación activa do alumno e na entrega dos traballos requiridos
ao longo do curso. Avaliación global do proceso de aprendizaxe e
adquisición de competencias e coñecementos a través de probas presenciais nas
datas oficiais aprobadas polo centro Será preciso obter polo menos un 50% da
puntuación total de todas as partes avaliables para superar a materia. AVALIACIÓN GLOBAL O alumnado deberá informar o docente da súa renuncia
expresa ao sistema de avaliación continúa no prazo establecido polo centro para
tal fin, achegando cuberto e asinado o documento habilitado para tal fin. A proba de avaliación global realizarase na data e
horarios previstos polo centro no calendario de exames oficial. O estudante
deberá superar todas e cada unha das probas de avaliación previstas que se
detallan a continuación obtendo unha cualificación mínima do 50% en cada unha
delas. Dada a extensión das probas o alumnado que se acolla a avaliación global
deberá dispoñer de 4 horas para a realización das mesmas a partir da hora
oficial de inicio do exame da materia segundo o calendario oficial. Breve descrición das probas Proba 1. Resolución de problemas ou exercicios. As
probas de exame, orais ou escritas, consistirán na análise dunha obra
audiovisual ou fragmento da mesma a partir do exposto na clase e das lecturas
recomendadas. A proba ten un valor do 40% sobre o total da nota sendo preciso
obter unha cualificación mínima do 50% da mesma para aprobar esta parte. Proba 2. Traballo I. Realización de análises
audiovisuais seguindo as pautas definidas polo docente. O conxunto dos
traballos ten un valor do 40% sobre o total da cualificación. Debe obterse unha
cualificación mínima do 50% en cada un dos traballos para superar esta parte.
Os traballos serán entregados na data e horario do exame. O detalle dos
contidos dos traballos, metodoloxías e criterios de avaliación serán
facilitados aos estudantes de avaliación global unha vez finalizado o prazo de
renuncia expresa á avaliación continua. Proba 3. Traballo
II. Selección motivada de secuencias dos contidos abordados na materia seguindo
as pautas definidas polo docente. Ten un valor do 20% sobre o total da
cualificación. Debe obterse unha cualificación mínima do 50% para superar esta
parte. Será entregado na data e horario do exame. O detalle dos contidos,
metodoloxías e criterios de avaliación serán facilitados aos estudantes de
avaliación global unha vez finalizado o prazo de renuncia expresa á avaliación
continua. Resumo das probas e porcentaxe de valoración global
do conxunto de tarefas: Proba 1. Resolución de problemas ou exercicios. Proba
de exame. Valoración do 40% sobre o total da nota. Proba 2. Traballo I. Valoración do 40% sobre o total
da nota. Proba 3. Traballo II. Valoración do 20% sobre o total
da nota. Os estudantes deberán obter unha cualificación mínima do 50% en todas
as probas para superar a materia. A información
sobre as probas de avaliación, o seu formato, extensión, rúbrica de avaliación
e canles de entrega serán detalladas a través da plataforma Moovi. É
responsabilidade do alumno ou alumna estar atento á información subida e
recompilar a información específica e complementaria que sexa precisa para
superar a materia. SEGUNDA
OPORTUNIDADE O sistema
de avaliación é o mesmo en todas as convocatorias. |