Exposición por parte do profesor/a dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, directrices dun traballo ou exercicio a desenvolver. Sobre a base do coñecemento previo adquirido polo alumnado semanalmente e de forma autónoma desenvolveranse os contidos teóricos da materia.
Estudo de casos
Análise formal de obras narrativas audiovisuais, utilizando filmes ou secuencias dos mesmos que exemplifiquen as diversas modalidades e formas narrativas e a súa evolución histórica.
Traballo tutelado
Realización de análises audiovisuais seguindo as pautas definidas polo docente.