O obxectivo da materia é que o alumnado comprenda, cun enfoque práctico e participativo, os compoñentes e funcionamento da empresa como unha realidade socioeconómica. Incidirase na *interrelación con outras materias, proporcionando os coñecementos, actitudes e habilidades necesarias para desenvolver con eficacia e eficiencia a súa futura actividade profesional. Farase especial referencia á empresa audiovisual, en xeral e ao contexto empresarial de Galicia, en particular.