Guia docente 2023_24
Facultade de Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Teoría e técnica cinematográfica
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Clase teórica (aula): Sesión presencial de exposición por parte do/a docente dos contidos teórico-conceptuais básicos da materia, que o alumnado deberá ampliar e desenvolver pola súa conta coa bibliografía facilitada e/o outras indicacións. Complementásense coas discusións e/o exposicións na análise das prácticas. Todos estes aspectos serán tidos en conta nos exercicios e no exame.
Seminario Clases prácticas de/na aula, coa realización de Estudos de Caso. O alumnado realiza exercicios (individuais e/o colectivos) programados polo/a docente de análise fílmica.
Para a súa realización, tras a contextualización da obra polo/a docente: proxección audiovisual, traballo de visionado, análise técnica-narrativa-estético, exposición/defensa oral, corrección in situ, coa presentación (entrega escrita/visual) do comentario no prazo estipulado.
Prácticas coa presenza e participación continuada do alumnado na clase.
Resolución de problemas de forma autónoma Actividade na que o/a docente expón/programa un e/o dous exercicios/traballo (individual e/o colectivo) sobre algún aspecto do temario e contidos da materia. O alumnado debe realizalo/desenvolvelo de forma autónoma coas indicacións dadas polo/a docente.
Entrega/presentación (escrita-visual, coa exposición/defensa oral), nos prazos establecidos.
Non se contempla a entrega de exercicios á marxe do encargado polo/a docente.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000