=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.
=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen (as mesmas)
* Metodoloxías docentes que se modifican (ningunha)
* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (en caso de confinamento total, titorías online por control remoto a través da Sala de profesorado correspondente, no horario titorial establecido)
* Modificacións (si proceden) dos contidos a impartir (ningún)
* Bibliografía adicional para facilitar o auto-aprendizaxe (non se engade nova bibliografía)
* Outras modificacións (non hai)
== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Mantéñense as mesmas probas e coas mesmas porcentaxes.
En caso dun confinamento cidadán total que afecte á docencia presencial física no Centro ou semi-presencial, podería darse a posibilidade de chegar a invertirse e re-axustarse as porcentaxes das probas e/ou substituír o exame por outras probas.
|