AVALIACIÓN GLOBAL DA MATERIA O alumnado deberá informar ao docente da súa renuncia expresa ao sistema de
avaliación continúa no prazo establecido polo centro para tal fin, axuntado cuberto e
asinado o documento habilitado para tal fin. PROCEDEMENTO A proba de avaliación global realizarase na data e horarios previstos polo centro no
calendario de exames oficial. O estudante deberá superar todas e cada unha das probas
de avaliación previstas que se detallan a continuación obtendo unha cualificación
mínima de 5 puntos en cada unha delas. Dada a extensión das probas o alumnado que
se acolla a avaliación global deberá dispor de 4 horas para a realización das mesmas a
partir da hora oficial de inicio do exame da materia segundo o calendario oficial. Breve descrición das probas Proba 1. Exame teórico. Realizarase o exame teórico previsto para a materia tanto para
a avaliación global como continua. O exame será avaliado coas mesmas pautas para
todo o alumnado. O exame ten un valor do 40% sobre o total da nota sendo preciso obter
unha cualificación mínima de 5 puntos para aprobar esta parte. Unha cualificación
inferior non servirá como media coas outras probas. Proba 2. Traballos prácticos. Facer entrega de dous traballos propostos polo docente. O
conxunto dos traballos ten un valor do 40% sobre o total da cualificación. Debe
obterse unha cualificación mínima de 5 puntos en cada un dos traballos para superar
esta parte. Unha cualificación inferior non servirá como media coas outras probas. Os
traballos serán entregados na data e horario do exame. O detalle dos contidos dos
traballos, metodoloxías e criterios de avaliación serán facilitados aos estudantes de
avaliación global unha vez rematado o prazo de renuncia expresa á avaliación continua. Proba 3. Análise dun soposto práctico e presentación oral. Tras a elaboración do exame e os traballos prácticos, deberase realizar a análise dun suposto proposto polo docente. O detalle das probas así como os
criterios de avaliación será remitido ao alumnado nun prazo non superior a un mes
dende a renuncia efectiva a súa avaliación continua. A selección de actividades prácticas,
no seu conxunto, ten un peso do 20% sobre o total da cualificación sendo preciso obter
unha cualificación mínima de 5 puntos para aprobar esta parte. Unha cualificación
inferior non servirá como media coas outras probas. Resumo das probas e porcentaxe de valoración global do conxunto de tarefas Proba 1. Exame. Valoración do 40% sobre o total da nota. Proba 2. Traballos prácticos. Valoración do 40% sobre o total da nota. Proba 3. Análise de suposto práctico e presentación oral ante o docente. Valoración do 20% sobre o total da nota. Os estudantes deberán obter unha cualificación mínima de 5 puntos en todas as probas. *A información sobre as probas de avaliación, o seu formato, extensión, rúbrica de
avaliación e canles de entrega serán detalladas a través da plataforma Moovi. É
responsabilidade do alumno ou alumna estar atento á información subida e recompilar
a información específica e complementaria que sexa precisa para superar a materia SEGUNDA CONVOCATORIA A forma de evaluación é igual en todas as convocatorias. Se na primeira convocatoria non se supera unha das partes da materia, o alumnado deberá presentarse á evaluación só desa parte non superada na segunda convocatoria. Se é a parte práctica, deberá repetir todos os exercicios propostos polos docentes ao longo do curso e entregalos na data establecida polo coordinador da materia. Se é o exame que evalúa o contido teórico, deberá presentarse ao exame na segunda convocatoria. Se non se aproba a materia nas convocatorias do primeiro curso de matrícula (nin na primeira nin na segunda convocatoria), o alumno ou a alumna deberá cursar novamente a materia e debe de adaptarse á guía docente que está vixente nese curso académico. Non se conservarán as cualificacións obtidas en cursos anteriores nin da parte teórica nin da parte práctica da materia. |