Guia docente 2024_25
Facultade de Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Lingua Española: Expresión textual e visual
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado 1. Escolla dun tema relacionado con algún dos contidos da materia e elaboración grupal dun breve traballo de análise que será presentado de xeito oral na aula.

2. Elaboración dun producto audiovisual "Cal sería atúa biblioteca ideal?" (guión e vídeo) vencellado ao curso In-fórmate coa biblio e aos contidos da materia.
40 A1
B1
B2
B4
B6
C1
D2
Resolución de problemas de forma autónoma 1. Entrega de prácticas de escrita.

2. Preparación e presentación individual, de xeito oral, dun aspecto vencellado á lingua española ("A lingua española nun minuto")

3. Elaboración dunha práctica textual e audiovisual (Tema 4: formas de narrar, recensión, crítica...) vencellada a análise da obra C"anto yo y la montaña baila" (Irene Solá, 2019)
40 A1
B1
B4
B5
B7
C1
D2
D3
D4
Debate Debate na aula no que se avaliarán: os contidoa expostos, a defensa de argumentos e a expresión oral 10 A1
B2
B4
C1
D1
D2
D3
Observación sistemática Valorarase a participación activa na aula, tanto na resolución de exercicios como nas preguntas e comentarios que se fagan 10 A1
B6
B7
C1
D1
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
AVALIACIÓN CONTINUA
Farase una avaliación continua a través do seguimento do alumno nos traballos da aula a través da exposición de traballos e
a realización de probas. Avaliarase a súa competencia oral, a súa competencia escrita e a aprendizaxe e adquisición de
competencias e de coñecementos. 

Para superar a materia o alumno ten que realizar todos os traballos estipulados polo profesor (traballos de aula, traballos
tutelados, exposicións orais). A entrega de prácticas ou exercicos propostos terá que realizarse na data establecida polo
profesor. Fóra dese prazo non serán admitidos. O feito de non entregar algún dos traballos que conforman a avaliación
suporá a perda do dereito á avaliación continua e, polo tanto, a obrigatoriedade de facer a proba final na data establecida
polo centro. 


A nota final será a suma de todas as calificacións obtidas nos traballos do curso. 

AVISO: a detección de plaxio nalgún dos traballos suporá a perda do dereito á avaliación continua. 

AVALIACIÓN GLOBAL
O alumnado que non siga a avaliación continua realizará unha
proba final que terá un valor do 100% da nota final, que se realizará nas datas
oficiais que estableza o centro.

Neste exame haberá unha parte teórica e outra práctica que
inclúe tanto exercicios de corrección lingüística, similares aos realizados nas
horas prácticas da materia, como a aplicación dos coñecementos adquiridos ao longo do curso.

Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e
presentar os coñecementos que teñen sobre a materia dende unha perspectiva
aplicada.

As
datas dos exames pódense consultar na páxina web da Facultade de Comunicación: https://csc.uvigo.es/comunicacion-audiovisual/exames-comunicacion-audiovisual/

SEGUNDA OPORTUNIDADE
O alumnado que non cumpra os requisitos da avaliación continua poderá realizar un único exame na convocatoria de xullo,
na data estipulada oficialmente. Este exame terá unha parte teórica e outra práctica (oral e escrita).
As datas dos exames pódense consultar na páxina web da Facultade de Comunicación: https://csc.uvigo.es/comunicacion-audiovisual/exames-comunicacion-audiovisual/

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000