Guia docente 2024_25
Escola de Enxeñaría Forestal
Grao en Enxeñaría Forestal
 Materias
  Traballo de Fin de Grao
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2024_25
Materia Traballo de Fin de Grao Código P03G370V01991
Titulación
Grao en Enxeñaría Forestal
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
12 OB 4 2c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría dos recursos naturais e medio ambiente
Coordinador/a
Picos Martín, Juan
Correo-e
Profesorado
Web http://www.forestales.uvigo.es/sites/default/files/Reg%20TFG%20Enx%20Forestal%20APROBADO%20comisi%C3%B3n%20Permanente%207_3_13.pdf
Descrición xeral O TFG é un traballo persoal que cada estudante realizará de maneira autónoma baixo titorización docente, e debe permitirlle demostrar de forma integrada a adquisición dos contidos formativos e as competencias asociados ao título.
En particular, deberá contribuír ao desenvolvemento das seguintes:
a) Capacidade para desenvolver a metodoloxía dun proxecto e formular un plan de traballo relacionado con un ou varios dos ámbitos de coñecemento presentes no Grao;
b) Capacidade para executar o traballo proxectado;
c) Capacidade para presentar e defender publicamente o TFG.

En ningún caso pode ser un traballo presentado con anterioridade polo/a estudante
nalgunha materia de calquera outra titulación, aínda que pode integrar ou desenvolver traballos parciais previos feitos na actividade doutras materias da titulación.

O feito de que o TFG sexa un labor persoal e individual non exclúe que, para desenvolver unha proposta de envergadura suficiente, poidan participar varios/as estudantes, cada quen cunha parcela precisa da tarefa global; este feito será autorizado pola Comi
sión Académica previo informe favorable do Coordinador do Módulo do TFG . Neste caso o alumnado implicado nun mesmo traballo compartirá a persoa títora e terá o mesmo tribunal de avaliación, mentres que a presentación e defensa e a avaliación serán individuais para cada unha das partes.

O TFG poderá elaborarse en institucións ou empresas externas á Universidade de Vigo, nos termos que se establezan nos convenios institucionais asinados. Nese caso existirá a figura dunha persoa cotitora pertencente á instit
ución ou empresa. A persoa titora académica compartirá coa persoa cotitora as tarefas de dirección e orientación do/a estudante, e será, en calquera caso, responsabilidade da titora académica facilitar a xestión administrativa da realización e defensa.

Cada estudante ten dereito ao recoñecemento da autoria do TFG elaborado e á protección da súa propiedade intelectual. A titularidade dos dereitos derivados compartiranse cos títores, cos cotitores, a propia Universidad de Vigo e coas entidades
públicas ou privadas ás que pertenzan, nos termos e condicións previstas na lexislación vixente.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000