Educational guide 2024_25
Escola de Enxeñaría Forestal
Grao en Enxeñaría Forestal
 Materias
  Ecoloxía forestal
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Esta é a parte central da materia, e por tanto a que ten un peso máis importante na cualificación. Para aprobar a materia as/os alumnas/os deberan obter, polo menos, o 50% da nota máxima posible nesta parte. Avaliarase no exame escrito da materia. 40 B1
B3
C12
D4
Prácticas de laboratorio Avaliaranse, xunto coas saídas de estudo, no exame escrito da materia e/o un informe para entregar. A asistencia é obrigatoria, só se admitirá a ausencia inxustificada do 25% das actividades. En caso de non cumprir coa asistencia, esta parte quedará suspensa e non se avaliará o exame/informe. Se se aproba esta parte, a nota queda gardada para a segunda oportunidade, independentemente da nota obtida nas clases maxistrais, a non ser que a/o alumna/o solicite por escrito unha nova avaliación. En caso de suspenso desta parte, poderá recuperarse no exame de segunda oportunidade, renunciando á nota da primeira oportunidade. Para iso deberá informar á profesora por escrito antes do peche de actas da primeira oportunidade. En caso de cumprir coa asistencia, pero non aprobar a materia, a/o alumna/o non terá a obrigación de asistir a estas actividades en ningún dos dous cursos seguintes (independentemente de se se matricula ou non) pero terá que realizar o exame/informe. 15 B1
B2
C12
D2
D3
D7
Saídas de estudo Avaliarase no examen escrito da materia e/ou un informe para entregar de forma conxunta coas prácticas de laboratorio, seminarios e prácticas con apoio de TIC. 0 B1
B2
C12
Resolución de problemas de forma autónoma Avaliaranse as actividades (problemas, cuestións, exercicios) propostos nas leccións maxistrais, e entregados durante o curso. Para aprobar a materia as/os alumnas/os deberan obter, polo menos, o 50% da nota máxima posible nesta parte e entregar polo menos o 75% das actividades propostas. Para estes exercicios non haberá posibilidade de recuperación, e a nota desta parte non se garda para cursos posteriores en caso de suspender a materia. 30 B1
C12
D4
D7
Traballo tutelado Avaliarase nun informe en grupo para entregar. Para este informe non haberá posibilidade de recuperación en segunda oportunidade, e a nota desta parte non se garda para cursos posteriores en caso de suspender a materia 15 B1
C12
D2
D3
D5
D7
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación global, farase cun exame no que se avaliarán todas as metodoloxías descritas excepto o traballo tutelado. Neste caso, a proporción da cualificación correspondente ao traballo tutelado repartirase entre os outras metodoloxías (excepto a lección maxistral).

Calendario de exames: As datas oficiais e as posibles modificacións están expostas no taboleiro oficial da EE Forestal e na web http://forestales.uvigo.es/gl/

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000