A avaliación da segunda convocatoria será igual á da primeira. Calendario de exames dispoñible en http://forestales.uvigo.es/gl/ A avaliación continua farase segundo o descrito nas metodoloxías/probas: haberá un exame no que o alumnado debe responder ás preguntas que demostren os coñecementos adquiridos sobre a materia, cun peso do 40% da calificación global; o alumnado debe realizar prácticas de laboratorio e presentar a memoria correspondente, cun peso do 30% da calificación global; o alumnado debe facer un traballo sobre unha temática relacionada coa materia, e presentalo oralmente, cun peso do 20% da calificación global; o alumnado debe resolver problemas e exercicios que se plantexan na aula e no laboratorio durante as prácticas, cun peso do 10% da calificación global. Será necesario, para aprobar a asignatura, que o alumnado supere a calificación de 5 (sobre 10) no exame da parte teórica. A avaliación global consistirá en dous exames: un exame escrito da parte teórica da materia, cun peso do 60% da calificación global; e un exame práctico que terá parte escrita e parte de manipulación de técnicas de laboratorio. Será necesario, para aprobar a asignatura, que o alumnado supere a calificación de 5 (sobre 10) no exame da parte teórica. |