A materia pretende proporcionar, por unha banda, uns coñecementos básicos para a aproximación ao campo da investigación en educación musical, mediante o coñecemento tanto da epistemoloxía da investigación nos espazos educativos, como das principais liñas de investigación na axenda educativa actual. Por outra banda, proporcionará unha aproximación á innovación en educación musical a través de experiencias educativas musicais coa finalidade de crear no alumnado unha conciencia flexible e crítica ante diferentes modelos de ensino.
Materia do programa English Friendly. O estudantado internacional poderá solicitar ao profesorado: a) materiais e bibliografía para o seguimento da materia en inglés, b) titorías en inglés, e c) probas e avaliacións en inglés.