ESTUDANTES CON ASISTENCIA MÍNIMA DO 80% AS ACTIVIDADES DE AULA NA 1ª CONVOCATORIA: Para poder acollerse á avaliación continua a través da realización das actividades na aula é preciso asistir ás sesións lectivas de aula nun mínimo do 80% e entregar e obter unha puntuación mínima de 5 puntos en cada unha das partes obxecto de avaliación (traballo tutelado, cartafol e resolución de problemas ou actividades). ESTUDANTES QUE NON CUMPREN CUNHA ASISTENCIA MÍNIMA DO 80% AS ACTIVIDADES DE AULA: O estudantado que non acade un mínimo do 80% de asistencia e participación as clases presenciais, para obter unha avaliación positiva, deberá acollerse a modalidade de avaliación global (realización dun exame na data oficial que se indica no calendario académico). Deste xeito e, conforme a normativa vixente, con independencia da a asistencia ou non a clases, o estudantado disfrutará de condicións equivalentes de avaliación. A tal fin, recoméndase que aquelas persoas que teñan previsto non asistir, se poñan en contacto coa persoa coordinadora da materia antes do inicio das clases presenciais. AVALIACIÓN EN 2ª CONVOCATORIA: De non ter superada a materia na primeira convocatoria, as competencias non adquiridas serán avaliadas na convocatoria de xullo: - No caso de ser estudantado de avaliación continua en primeira convocatoria, poderá optar por realizar as actividades pendentes de avaliación positiva indicados para a 1ª convocatoria ou pola realización de exame sobre o contido da materia.
- No caso de ser estudantado de avaliación global en primeira convocatoria, para obter unha avaliación positiva, deberá realizar o exame teórico/práctico (segundo corresponda).
DATAS DE EXAMES: As datas oficiais dos exames pódense consultar na web da facultade na páxina http://dides.webs.uvigo.es Horario de titorías da coordinadora da materia: http://fcced.uvigo.es/es/docencia/profesorado/maria-asuncion-lorenzo-rial/ |