Presentación |
Presentación e exposición dos proxectos e traballos de investigación de acordo cos criterios marcados pola rúbrica |
5 |
A1 A2 A4
|
B1 B3
|
C1 C3 C8 C9
|
D3 D4 D9 D10 D11 D12 D13
|
Debate |
Asistencia e participación activa |
10 |
A4
|
B1 B3
|
C2 C8
|
D3 D4 D12
|
Traballo |
Entrega do deseño dun proxecto en equipo cooperativo e que será corrixido de acordo coa rúbrica de avaliación. |
15 |
A1 A2 A4
|
B1 B3 B7 B8
|
C1 C2 C3 C8 C9
|
D4 D5 D6 D9 D10 D11 D12 D13
|
Todo o alumnado, asista ou non á aula, ten dereito a ser avaliado (mediante un exame ou no modo que se estableza na guía docente). a) Descrición da avaliación O alumnado que asistiu a clase: - A avaliación será
continua a través do seguimento do alumnado, dos seus traballos,
proxectos e exposicións, así como da asistencia e participación na aula e
nas titorías. Cada alumna e cada alumno confeccionará ademais un
cartafol individual e subirao á sección particular específica da aula
virtual da materia - curso en Moovi-, ademais elaborará un proxecto en equipo cooperativo que reflicta a súa aprendizaxe sobre proxectos interdisciplinares - Os documentos e
arquivos dos traballos e tarefas do curso serán dispostos, en tempo e
forma segundo os prazos programados, por cada alumna e cada alumno no
seu espazo persoal respectivo na aula virtual do curso en Moovi, en
formatos de código aberto ou de visores libres. - Para poder
acollerse á avaliación continua a través de actividades na aula virtual é
preciso asistir ás aulas nun 80% do tempo presencial cun aproveitamento
axeitado. O alumnado que non asistiu a clase: - O
alumnado que non asistíu a clase ou que non poida ser avaliado por
avaliación continua por faltar máis dun 20% das clases da materia, para
obter unha avaliación positiva, deberá realizar un exame (proba escrita presencial sobre o
contido da materia).
b) ‘De non ter superada a materia na primeira
convocatoria, as competencias non adquiridas serán avaliadas na
convocatoria de xullo’.Avaliación da 2ª convocatoria: - Para obter unha avaliación positiva o alumnado que asistiu regularmente a clase, poderá optar por presentar as tarefas e traballos pendentes indicados para a 1ª convocatoria ou pola realización de exame (proba escrita presencial sobre o contido da materia)
- O alumnado que non asistiu a clase, para obter unha avaliación positiva, deberá realizar un exame (proba escrita presencial sobre o contido da materia)
As datas oficiais dos exames pódense consultar
na web da facultade na páxina http://dides.webs.uvigo.es. |