Código |
Descrición |
A2 |
Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro dos contextos máis amplos (ou multidisciplinarios) relacionados coa súa área de estudo |
A3 |
Que o estudantado sexa capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos |
A4 |
Que o estudantado saiba comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades |
B1 |
Expresarse correctamente, tanto de xeito oral como escrito, nas linguas oficiais da comunidade autónoma |
B3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) para o exercio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida |
B6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse |
B7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida |
C2 |
Identificar e analizar criticamente propostas interdisciplinarias no ámbito educativo |
C3 |
Deseñar, xustificar, organizar e avaliar de xeito sistemático propostas interdisciplinarias en distintos contextos educativos |
C8 |
Ser capaz de defender e argumentar de forma oral e escrita o traballo de investigación e/ou innovación realizado, utilizando no seu caso recursos audiovisuais de apoio |
C18 |
Recoñecer a investigación e a innovación aplicada ás ciencias da educación como ferramenta continua de innovación e mellora educativa e social |
D3 |
Traballar de xeito autónomo e con iniciativa |
D4 |
Traballar de xeito colaborativo |
D5 |
Capacidade de organización e planificación en ámbitos educativos disciplinarios e interdisciplinarios |
D6 |
Capacidade de innovar (creatividade) dentro de contextos educativos escolares e non escolares |
D9 |
Incorporar as TIC no proceso de investigación e a xestión da información, a análise de datos e a difusión e comunicación de resultados |
D10 |
Ter capacidade para actualizar os coñecementos, metodoloxías e estratexias na práctica docente |