Avaliación continua. Será imprescindible aprobar a materia:
1. Asistir polo menos ao 80% das clases.
1. Obter un mínimo de 5 puntos en cada unha das tres probas de avaliación descritas anteriormente.
2. Presentar no seu tempo e forma os distintos traballos relacionados cos contidos da materia.
3. Presentar e defender na aula o traballo titorizado.
Avaliación global: Realizarase cando o alumno non cumpra algún dos puntos da avaliación continua. Esta avaliación global consistirá na presentación e defensa do traballo titorizado e na realización dun exame teórico práctico sobre os contidos da materia. Para aprobar a materia será necesario aprobar cada unha das partes cun 5.
De non superar a materia en primeira convocatoria, as competencias non adquiridas serán avaliadas na convocatoria de xullo.
Só se gardará a cualificación da parte aprobada para a segunda convocatoria do mesmo curso académico.
As datas oficiais dos exames pódense consultar na páxina web da facultade no enlace:
http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames
Para o resto das convocatorias aplícanse os mesmos criterios que a convocatoria de xuño. |