Réxime avaliación continua: Para poder acceder á modalidade de avaliación continua é necesario desenvolver todos as probas explicadas anteriormente O
alumnado que non desenvolva estes métodos non poderá acceder á
avaliación continúa. Nestes casos poderá optar á avaliación global. En
caso de non superar a materia na primeira convocatoria, a avaliación en
segunda convocatoria realizarase exclusivamente mediante unha proba
escrita. O alumnado que se atope en
circunstancias especiais e/ou xustificadas polas que non poida realizar
algunha das ferramentas de avaliación, deberá comunicalo ao inicio do
curso para poder adaptar a avaliación ao seu caso. No caso de concorrer a
circunstancia excepcional durante o desenvolvemento do curso, deberá
comunicalo cunha antelación mínima de dous meses á data oficial do
exame. Réxime avaliación global: O alumnado que non teña optado á avaliación continua, realizará unha
avaliación global nas datas oficiais. As probas permitirán obter o 100%
da cualificación da materia. |