Nesta materia trataremos os distintos procesos neuropsicolóxicos e cognitivos que subxacen a lectura, escritura e cálculo e que nos poden explicar as dificultades que aparecen no neno/a nos contextos escolares. Estas dificultades constitúen no seu conxunto o que se coñece como dificultades específicas de aprendizaxe.