Alumnado da modalidade de Avaliación Continua:
Para o alumnado que siga a Avaliación Continua, os traballos serán obrigatorios e contará a asistencia a clase, que tamén será obrigatoria (requírese unha asistencia regular de polo menos o 80% das sesións). Os traballos poderán ser entregados na aula ou subidos á plataforma (Moovi) segundo o calendario que sexa establecido. Para superar a asignatura será necesario que os alumnos obteñan polo menos o 50% da cualificación proposta para cada apartado, en cada proba ou actividade obxecto de avaliación. Aqueles alumnos que non superen algunha das probas ou actividades obxecto de avaliación poderán recuperalas na convocatoria de xullo.
Alumnado da modalidade de Avaliación Global:
No caso de que un alumno ou alumna non poida seguir a avaliación continua e o traballo en grupo supervisado polo profesorado, terá unha avaliación das competencias da materia, na primeira convocatoria e nas seguintes, que incluirá: unha proba dos contidos teóricos da materia (50% da nota final); un ou varios traballos de materia (50% da nota). Para aprobar a materia, o alumno deberá obter polo menos o 50% da cualificación establecida cada unha destas dúas partes. Todas as datas de exames oficiais pódense consultar na WEB da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, no apartado de organización académica ou na seguinte ligazón: http://fcced.uvigo.es/es/docencia/examenes/