Guia docente 2024_25
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade (Pontevedra): Orientación
 Materias
  Formación Académica e Profesional
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Actividades para a avaliación que inclúen tarefas, problemas ou
exercicios prácticos a resolver na aula.
O alumnado deberá dar resposta ás actividades expostas, aplicando os
coñecementos teóricos e prácticos da materia.
30 B11
B16
B17
B18
C3
C4
C7
C8
C9
C10
C12
C24
C29
Aprendizaxe baseado en proxectos A/O estudante presenta o resultado obtido na elaboración dun
documento sobre a temática da materia, na preparación de seminarios,
investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias,
etc.
Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo, de forma oral ou
escrita.
20 B7
B13
B17
B18
C9
C29
C31
D1
D3
Resolución de problemas de forma autónoma Proba na que a/o alumna/o debe solucionar unha serie de problemas e/ou
exercicios nun tempo/condicións establecido/as polo profesor. Desta
maneira, o alumnado debe aplicar os coñecementos que adquiriu.
Concretamente para deseñar, expor e defender unha proposta de plan de
orientación académico-profesional (POAP). Conleva traballo de aula e
autónomo.
30 B7
B11
B16
B17
C8
C9
C10
C12
D1
D3
Cartafol/dossier Documento elaborado polo/a estudante que recompila información sobre
as experiencias, proxectos, tarefas e traballos realizados durante o
proceso de formación.
20 B11
B15
B17
C3
C4
C7
C24
C31
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. As cualificacións indicadas en termos porcentuais no cadro supra son as máximas que se poden acadar en cada unha das
probas na MODALIDADE DE AVALIACIÓN CONTÍNUA
2. Para acollerse á MODALIDADE DE AVALIACIÓN CONTÍNUA o alumnado terá unha asistencia mínima do 85% das clases.
3. Para superar a materia na MODALIDADE DE AVALIACIÓN CONTÍNUA o alumnado deberá superar todas as probas referidas,
obtendo unha cualificación mínima do 50% en cada unha das probas avaliables.
4. MODALIDADE DE AVALIACIÓN GLOBAL: Esta modalidade de avaliación está dirixida a: ao alumnado que non cumpra o
85% da asitencia especificada no punto nº 2 ou a aquel que opte por esta modalidade, sempre e cando llo comunique ao
profesorado na primeira quincena de impartición da materia.
5. A MODALIDADE DE AVALIACIÓN GLOBAL consistirá nun exame sobre a totalidade do temario da materia que constará de
10 cuestións, algunhas de resposta curta e outras de resposta longa, sobre os contidos da materia que se xulgará conforme
aos criterios de logro das competencias e obxectivos da mesma. Asemade deberá entregar os traballos que lle encomende o
profesorado para avaliar as competencias que non poidan ser avaliadas mediante proba escrita de exame.
6. EXAMES: A proba escrita terá lugar nas datas e horas que se sinalen pola dirección do mestrado.
7. Segunda oportunidade (xullo): As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª
do mesmo curso académico.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000