Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade (Pontevedra): Orientación
Descritores
Cr.totais
Sinale
Curso
Cuadrimestre
4
OB
1
2c
Lingua de impartición
Galego
Prerrequisitos
Coordinador/a
Ares Ferreirós, Martina
Correo-e
martina.ares.ferreiros@gmail.com
Profesorado
Ares Ferreirós, Martina
Martínez Figueira, María Esther
Web
Descrición xeral
A diversidade do alumnado da Educación Secundaria Obrigatoria é para moitos profesores desta etapa educativa unha preocupación principal. As razóns desta diversidade son múltiples: son distintas as orixes sociais e culturais do alumnado, son diversas as capacidades persoais, os estilos de aprendizaxe, as motivacións e expectativas para o estudo, os ámbitos socio-afectivos e o contexto familiar de procedencia... Esta materia pon a énfase en como responder a esta diversidade dende o recoñecemento da diversidade e a equidade como principios e valores educativos, situando no centro escolar, na aula e no sistema educativo o punto de referencia para deseñar respostas e medidas que supoñan unha mellora da educación para todos.