Resolución de problemas de forma autónoma |
Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno debe desenvolver as solucións adecuadas ou correctas mediante procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados. Empregarase como complemento da lección maxistral. Os problemas que poden propoñerse son os que normalmente se lle presentan
aos departamentos de orientación dos centros con etapas de educación. secundaria |
Estudo de casos |
Análise dun feito ou problema real relacionado coa orientación psicopedagóxica coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipóteses, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución. Supón a aplicación dos conceptos teóricos e legais que se imparten na materia. |
Debate |
Charla aberta entre un grupo de estudantes centrado nun tema dos contidos da materia, na análise dun caso ou no resultado dun problema. Esta estratexia empregarase con frecuencia como medio de lograr a participación do alumnado e impulsar a construcción do coñemento dentro da aula. |
Cartafol/dossier |
Plantexanse distintos traballos (individuais ou en grupo) en cada unha das sesión que se van recollendo e avaliando o longo do curso mediante un dossier cartafol que vai xerando cada alumna ou alumno, coa asistencia da profesora. |