Código |
Descrición |
B3 |
Planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensino e aprendizaxe potenciando procesos educativos que faciliten a adquisición das competencias propias dos respectivos ensinos, atendendo ao nivel e formación previa dos estudantes, así como á orientación dos mesmos, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro. |
B5 |
Contextualizar o currículo que se vaia a implantar nun centro docente participando na planificación colectiva do mesmo. |
B6 |
Deseñar e desenvolver metodoloxías didácticas tanto grupais como personalizadas, adaptadas á diversidade dos estudantes. |
B10 |
Deseñar e realizar actividades formais e non formais que contribúan a facer do centro un lugar de participación e cultura na contorna no que está situado. |
B12 |
Participar na avaliación, investigación e a innovación dos procesos de ensino e aprendizaxe, comunicando as súas conclusións e as razóns que as sustentan á comunidade educativa e outros profesionais da educación |
B16 |
Traballar en equipo con outros profesionais da educación, enriquecendo a súa formación. |
C28 |
Adquirir experiencia na planificación, na docencia e na avaliación das materias correspondentes á especialización. |
C29 |
Acreditar un bo dominio da expresión oral e escrita na práctica docente. |
C30 |
Dominar as destrezas e as habilidades sociais necesarias para fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e a convivencia. |
C31 |
Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación a partir da reflexión sobre a práctica. |
D1 |
Utilizar bibliografía e ferramentas de procura de recursos bibliográficos xenerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet. |
D2 |
Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros lóxicos na toma de decisións. |
D3 |
Potenciar a capacidade para o traballo en contornas cooperativas e pluridisciplinarios |