A avaliación continua implica a asistencia a un 80% das clases. As persoas que superen esta porcentaxe serán avaliadas segundo se define no paso 7 (avaliación): Apartado A: participación activa e exercicios en clase (40%)+ prácticas de campo (20%) = 60%. Apartado B: execución do traballo (30%) e exposición do mesmo(10%) = 40%. A avaliación global faise se non se acadou o 80% da asistencia presencial. Nestes casos, a parte A será un exame sobre os contidos da materia (50%) e a parte B é un traballo proposto pola docente (50%). O alumnado que ao principio de curso saiba xa que optará pola opción global, ha de contactar coa docente
para ter información sobre o tipo de traballo a realizar na primeira quincena do mes de novembro. Este tipo de avaliación será tamén empregada para a segunda convocatoria. De non ter superada a materia na primeira convocatoria, as competencias non adquiridas serán avaliadas na convocatoria de xullo. Cómpre aprobar o apartado A e o B para superar a materia en calquera das convocatorias (acadar polo menos 2,5 en cada parte). As datas oficiais dos exames pódense consultar na web do máster: http://mpe.uvigo.es/index.php?option=com_content&view=article&id=51&Itemid=170&lang=es |