1. A titora ou titor académico
da universidade avaliará as prácticas desenvolvidas polos estudantes de
conformidade cos criterios e fontes de información sinalados.
2. A titora ou titor do centro escolar, como indica o art. 13 do Real Decreto 1707/2011, de 18 de Novembro, polo que se regulan as prácticas académicas externas dos estudantes universitarios, realizará e remitirá á Universidade a avaliación final.
3. Para
superar a materia do Prácticum o estudante deberá acadar o aprobado en cada un
dos criterios de avaliación establecidos nos informes, tanto do titor/a do
centro escolar como do titor/a académico. Manteranse as competencias adquiridas en primeira convocatoria ata segunda convocatoria.
4. Para
facilitar o proceso de avaliación, antes do inicio das prácticas, o coordinador/a
do Prácticum remitiralle ao centro escolar a folla de avaliación na que se
reflictan as diferentes competencias obxecto de mesma.
5. Conforme a normativa vixente, con independencia de ser estudantes asistentes como non asistentes, o alumnado disfrutará de condicións equivalentes de avaliación.
Particularmente, no tocante á Memoria de Prácticas, sinalar:
1. A Memoria
das prácticas desenvolverase consonte o establecido no art. 14 do Real decreto
1707/2011, de 18 de Novembro.
2. A través
da guía docente, así como por outro tipo de orientacións, a Comisión de
Prácticas establecerá anualmente as recomendacións precisas para unha correcta
elaboración da Memoria.
3. Para
facilitar o proceso de avaliación cada titor ou titora contará coa
correspondente folla de avaliación.
4. As datas de entrega da Memoria de Prácticas de cada convocatoria figura reflexado no calendario académico da Facultade, podendo consultarse no apartado de
organización académica da web da facultade: http://fcced.uvigo.es/gl/