A materia aborda a organización dos procesos educativos no eido das actividades físicas en
relación coa atención ás necesidades educativas especiais do alumnado en idade de escolarización na etapa de educación infantil baseada na adaptación do contexto educativo.
Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.