O sistema de avaliación
dividirase en dous grandes grupos ou modalidades: metodoloxías de avaliación
continua e metodoloxías de avaliación global. Na avaliación continua, o
alumnado deberá realizar unha exposición (20%), un traballo práctico (40%) e un
exame teórico (40%). A cualificación final será a
suma aritmética das puntuacións obtidas en cada unha das tres actividades. Na avaliación global, o
alumnado deberá realizar un traballo práctico (30%) e un exame teórico (70%).
Para superar a materia é necesario obter, como mínimo, unha puntuación de 1,5
puntos sobre 3 posibles na exposición e 3,5 puntos sobre 7 posibles no exame. A
nota final será a suma aritmética de ambas as partes sempre que sexan
superadas. O alumnado que, cursando o
sistema de avaliación continua ou o sistema de avaliación global, non o
superase, deberá ser examinado na convocatoria de xullo para aquelas
actividades nas que non acadase unha nota igual ou superior ao 50%. As datas e horarios de
exames poderanse localizar no link de Organización Académica "http://feduc.webs.uvigo.es/index. php?ide=60,0,0,1,0,0",
na web da Facultade |