A asistencia regular ás clases presenciais supón o 40% da porcentaxe de cualificación. Cada falta de asistencia non xustificada implicará un desconto neste apartado, de 0,5 pts. Os traballos e probas supoñen o 30% da cualificación, para cada unha das DUAS probas. 1) Cualificación polo sistema de Avaliación Contínua a) Asistencia ás aulas 40% b) Probas realizadas ao longo docurso 30% por cada unha das dúas Non se volverán a examinar os contidos xa aprobados.
2) Cualificación polo sistema de Avaliacion Global a) Realización de unha proba práctica Final que acredite o acadamento das competencias asociadas aos contidos da materia (uso de editores e recursos en rede). A proba supón o 60% da cualificación. b) Presentación de un máximo de dous traballos que se tratarán directamente co docente responsable da materia.40% da cualificación
De non ter
superada a materia na primeira convocatoria, as competencias non adquiridas
serán avaliadas na convocatoria de xullo.
As datas oficiais dos exames pódense consultar na web
da facultade na ligazón correspondente http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames |