A avaliación continua: a que se efectúa mediante un conxunto de probas ou actividades realizadas ao longo do período formativo vencellado á materia e que deben permitir valorar o progreso de cada estudante ao longo do dito período. Avaliación global: a que se leva a cabo a través dunha "proba de avaliación global" una vez finalizado o período formativo vencellado á materia. O alumnado que non asista ás clases ou que non acade a asistencia mínima para ser avaliado na avaliación continua, deberá poñerse en contacto co profesorado da materia, o cal lle indicará as tarefas que debe realizar para superar a mesma. Estas tarefas consistirán fundamentalmente en: Prácticas: execución de fragmentos musicais tocando un instrumento escolar demostrar saber dirixir unha peza musical e saber crear un acompañamento Saber instrumentar unha peza musical para orquestra escolar Teóricas: Demostrar coñecer os elementos da linguaxe musical: melodía (notas, escalas, modos e tonalidades) harmonía (Pedal, Bordón, Ostinatos e Acordes) ritmo (sílabas, Kodaly, Sistema cronométrico). Asimesmo, para o alumnado que non supere a meteria na primeira convocatoria, na segunda convocatoria (xullo) só se avaliarán as competencias non acadadas na primeira convocatoria. As datas de exames se poden consultar na web da facultade no apartado de organización académica http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames |