Guia docente 2024_25
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Literatura infantil e xuvenil
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Esta sesión servirá para presentarlle a materia ao alumnado.
Lección maxistral Exposición por parte da profesora dos contidos teóricos da materia, así como achega de obras literarias, materiais, estratexias, recursos, experiencias, fontes etc. Buscarase un diálogo permanente co alumnado, que asumirá unha participación activa e reflexiva.
Presentación Presentacións dos resultados das actividades propostas.
Obradoiro Realización de actividades orientadas á adquisición de coñecementos e habilidades ao redor de prácticas que motiven a formación dun lector competente e o hábito lector (seleccións lectoras, lecturas dialóxicas, escrita creativa...).
Seminario A partir da recollida e revisión do material da literatura de transmisión oral, elaboraranse propostas didácticas vinculadas co currículo da Educación Primaria desde unha perspectiva interdisciplinar.
Eventos científicos Asistencia a eventos que permitan coñecer con maior profundidade os axentes do sistema literario infantil e xuvenil, así como aqueloutros que estean orientados á innovación educativa.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000