Guia docente 2024_25
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Educación física e a súa didáctica na educación primaria
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2024_25
Materia Educación física e a súa didáctica na educación primaria Código P02G120V01601
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 3 2c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Didácticas especiais
Coordinador/a
Alvariñas Villaverde, Mirian
Correo-e myalva@uvigo.es
Profesorado
Álvarez Seoane, Manuel Javier
Alvariñas Villaverde, Mirian
Web
Descrición xeral Esta materia ten como obxectivo principal proporcionar ao alumnado os coñecementos e experiencias necesarias para desenvolver o proceso de ensino-aprendizaxe a través da motricidade na Educación Primaria.
Busca ofrecer unha visión dos distintos elementos que se relacionan coa Didáctica da Educación Física; por iso abordaranse cuestións de tipo histórico-cultural, de programación, de currículo, de intervención e de avaliación.
Así mesmo, preténdese realizar unha formación en diferentes competencias relacionadas coa capacidade de aprender de forma autónoma, tanto grupal como individualmente, deseñando, analizando e desenvolvendo propostas propias da disciplina. O manexo de fontes documentais, a integración de coñecementos doutras materias, o uso de novas tecnoloxías e a participación activa serán compoñentes importantes para a consecución dos obxectivos da materia.
A materia está vinculada ao grupo de innovación docente Didacticae.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000