Educational guide 2024_25
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Didáctica da lingua e literatura: Galego
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias
Esta sesión servirá para presentar a materia aos/ás estudantes.
Presentación Exposición por parte do alumnado de temas sobre contidos da materia ou dos resultados de análises, tarefas, traballos, experiencias, prácticas etc.
Lección maxistral Exposición por parte da docente dos contidos da materia, bases teóricas e /ou directrices dun traballo, actividade ou proposta educativa a desenvolver polos/as estudantes.
Obradoiro A partir da selección de textos literarios, procederase á súa reescritura para, posteriormente, seren dramatizados mediante o emprego de diferentes estratexias e crear un recurso didáctico.
Cartafol/dossier Recompilación de análises críticas, propostas didácticas, materiais, recursos etc. relativos á lingua e literatura infantil.
Eventos científicos Asistencia a actividades relacionadas coa innovación educativa e a formación lectora.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000