1. A titora ou titor académico da universidade avaliará as prácticas desenvolvidas polos estudantes de conformidade cos
criterios e fontes de información sinalados. 2. A titora ou titor do centro escolar, como indica o art. 13 do Real Decreto 1707/2011, de 18 de Novembro, polo que se
regulan as prácticas académicas externas dos estudantes universitarios, realizará e remitirá á
Universidade a avaliación final. 3. Para superar a materia do Prácticum o estudante deberá acadar o aprobado en cada un dos criterios de avaliación
establecidos nos informes, tanto do titor/a do centro escolar como do titor/a académico. Manteranse as competencias
adquiridas en primeira convocatoria ata segunda convocatoria. 4. Para facilitar o proceso de avaliación, antes do inicio das prácticas, o coordinador/a do Prácticum remitiralle ao centro
escolar a folla de avaliación na que se reflictan as diferentes competencias obxecto de mesma. 5. Conforme a normativa vixente, con independencia de ser estudantes asistentes como non asistentes, o alumnado
disfrutará de condicións equivalentes de avaliación. Particularmente, no tocante á Memoria de Prácticas, sinalar: 1. A Memoria das prácticas desenvolverase consonte o establecido no art. 14 do Real decreto 1707/2011, de 18 de
Novembro. 2. A través da guía docente, así como por outro tipo de orientacións, a Comisión de Prácticas establecerá anualmente as
recomendacións precisas para unha correcta elaboración da Memoria. 3. Para facilitar o proceso de avaliación cada titor ou titora contará coa correspondente folla de avaliación. 4. As datas de entrega da Memoria de Prácticas de cada convocatoria figura reflectida no calendario académico da
Facultade, podendo consultarse no apartado de organización académica da web da facultade: http://fcced.uvigo.es/gl/ |