Presentación |
Participación e implicación nas distintas presentacións que se propoñan, tanto individuais como grupais. |
10 |
A4 A5
|
B2 B12
|
C45 C55 C56
|
D1 D2 D9 D18 D21
|
Cartafol/dossier |
Dossier organizado con todas as actividades levadas a cabo na materia por todos os membros da clase e tanto teóricas como prácticas. |
20 |
A4
|
B8
|
C54 C56 C58
|
D5 D7 D8 D15 D16 D17 D19 D20
|
AVALIACIÓN: Aplicaranse dous sistemas de avaliación diferenciados para o alumnado Asistente (avaliación continua) e o Non Asistente (avalición global). O alumnado que por diversos motivos non poida participar no desenvolvemento da materia en calidade de Asistente deberá poñerse en contacto co profesorado nos primeiros días de inicio da materia para informar desta situación e poder ser convenientemente avaliado. Do mesmo modo, todo aquel alumnado que, sen notificar esta situación, asista a menos do 80% das sesións será considerado para todos os efectos como Non Asistente. Modalidade de avaliación continua: A nota final virá dada pola suma das puntuacións obtidas nos distintos apartados especificados no cadro superior. Modalidade de avaliación global: Os alumnos/as non asistentes, realizarán un exame práctico relacionado cos resultados de aprendizaxe da materia. A avaliación e a superación da mesma virá determinada do seguinte xeito: - O alumno ou alumna terá que realizar dúas danzas, unha libre e unha danza do mundo, en grupo de 4 a 6 participantes, e na que, aquí sí, a complexidade e precisión na exudación das mesmas, serán tamén valoradas. 30%
Do mesmo xeito que na modalidade Presencial, a nota final virá dada pola suma das puntuacións obtidas en cada unha das partes. SEGUNDA CONVOCATORIA: De non ter superada a materia, as competencias non adquiridas serán avaliadas na convocatoria de xullo, gardándose a nota da parte superada (exclusivamente para o presente curso académico), tanto na modalidade de avaliación continua como na global. As datas de exames pódense consultar na web da facultade no apartado de organización académica http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames |