As datas e os prazos das avaliacións estarán expostas desde o inicio do curso na plataforma de aprendizaxe e na web da facultade. Avaliación en primeira convocatoriaAvaliación presencialO alumnado deberá realizar e expor en francés todos os proxectos propostos polo profesor. A nota final calcularase a partir da suma das notas obtidas en cada proxecto obrigatorio e cada desafío voluntario. Cada proxecto valerá un máximo de 2 puntos sobre a nota final e cada desafío voluntario un máximo de 0,4 puntos. Avaliación globalO alumnado que non puider ou non desexar realizar a avaliación continua deberá solicitar ao profesor facer a avaliación global ao longo do primeiro mes de aulas. A avaliación global consistirá na realización dun exame escrito sobre o 100% dos contidos traballados nos proxectos de aula. O exame realizarase na data oficial fixada polo centro. Será puntuado de 0 a 10 e contará con diferentes tarefas onde se avaliarán a comprensión oral e escrita do alumnado en francés, así como a súa expresión oral e escrita. O tipo de exame e os instrumentosde avaliación que usará o profesor estarán dispoñíbeis na plataforma de aprendizaxe. Alumnado con necesidades educativas especiais (NEE)O alumnado que presentar necesidades educativas especiais por dificultades específicas de aprendizaxe poderá se obxecto dunha adaptación do sistema de avaliación. Esta adaptación, deseñada entre o profesor e o alumnado implicado, procurará garantir o recurso a todos os medios necesarios para que o alumnado con NEE poida demostrar a consecución dos obxectivos da materia. Avaliación en segunda convocatoriaO alumnado que non concorrer a ningunha avaliación (continua ou global) en primeira convocatoria será avaliado como non presentado. Para quen non superar a materia na primeira convocatoria, as competencias non adquiridas serán avaliadas en segunda convocatoria. En segunda convocatoria non se terá en conta o traballo realizado na primeira convocatoria. O alumnado que concorrer á segunda convocatoria deberá realizar un exame escrito sobre o 100% dos contidos traballados nos proxectos de aulada materia. O exame realizarase na data oficial fixada polo centro. Será puntuado de 0 a 10 en función dunha grade de avaliación estabelecida polo profesor. O exame contará con diferentes tarefas onde se avaliarán a comprensión oral e escrita do alumnado en francés, así como a súa expresión oral e escritacunha pregunta teórica e cun suposto práctico que o alumnado deberá resolver. O tipo de exame e os instrumentosa grade de avaliación que usará o profesor estarán dispoñíbeis na plataforma de aprendizaxe. Linguas de traballoAs linguas de traballo da materia serán o francés, o galego, o castelán e excepcionalmente o inglés. O profesor comunicarase co alumnado en todo momento, tanto por oral como por escrito, preferentemente en lingua francesa. Sempre que o profesor non dea outras indicacións, alumnado poderá empregar calquera das linguas de traballo. Porén, o esforzo por usar o francés será tido en conta positivamente na avaliación final. Os enunciados dos exames estarán redactados unicamente en lingua francesa. O alumnado de programas de mobilidade internacional poderán recibir apoio en lingua inglesa mediante pedido.
Fica prohibida a utilización do tradutor automático para a realización das actividades de aprendizaxe nesta materia ou para se comunicar co profesor. O uso repetido da tradución automática nun proxecto ou nun exame poderá supor a invalidación dos mesmos. |