AVALIACIÓN CONTINUA
Farase una avaliación continua a través do seguimento do
alumno nos traballos da aula, a través da exposición de traballos e a
realización de probas.
Avaliarase a súa competencia oral, a súa competencia escrita
e a aprendizaxe e adquisición de competencias e de coñecementos e a aportación
crítica de ideas e reflexións no desenvolvemento dos devanditos traballos.
Para poder ser calificado con esta modalidade, o alumno
deberá entregar todas as probas establecidas polas docentes, nas datas
indicadas. Se o alumno non entrega todos os traballos, non poderá acollerse á
avaliación continua.
AVISO: a detección de plaxio nalgún dos traballos propostos
suporá a perda do dereito á avaliación continua.
AVALIACIÓN GLOBAL
Os alumnos que non fagan avaliación continua farán unha
proba final que valerá o 100% da nota final, que se realizará nas datas
oficiais establecidas polo centro.
Neste exame haberá unha parte teórica e unha parte práctica
que abrangue tanto exercicios de corrección lingüística, semellantes aos
desenvolvidos nas horas prácticas da materia, como de aplicación didáctica dos
contidos estudados ao longo do curso.
Avaliarase a competencia lingüística, a aprendizaxe de contidos e a aplicación de competencias e de
coñecementos no desenvolvemento das preguntas formuladas.
Os alumnos poderán consultar as datas oficiais dos exames na
web da facultade, no apartado de Organización Académica: http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames.
2ª CONVOCATORIA
Na convocatoria de xullo farase unha proba final que valerá
o 100% da calificación. Avaliarase a competencia lingüística, a aprendizaxe de contidos e a aplicación de competencias e de coñecementos no desenvolvemento das preguntas formuladas As datas dos exames poden consultarse na páxina web do
centro, no apartado de Organización Académica:
http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames. |