Guia docente 2024_25
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Aprendizaxe da lingua estranxeira: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Participación activa nas aulas e realización de actividades complementarias propostas pola profesora. A mera asistencia non será obxecto de avaliación xa que é requisito imprescindible para realizar a avaliación continua. 10 A1
A2
A3
A4
A5
B2
B3
B4
B5
B7
B8
B11
B12
C42
C43
C51
C53
C61
D1
D2
D3
D4
D6
D7
D8
D9
D10
D11
D12
D13
D14
D15
D16
D17
D18
D19
D20
D21
D22
Aprendizaxe baseado en proxectos Ao longo do curso, o alumnado deberá elaborar un proxecto que se deberá presentar primeiro por escrito e despois se levará a cabo oralmente nas datas indicadas no inicio do curso. O proxecto será de carácter grupal e nel o alumnado deberá aplicar a teoría e metodoloxía aprendidas ao deseño dunha breve unidade didáctica para a que deberán elixir un dos temas propostos pola profesora. As instrucións para a realización deste traballo estarán detalladas na plataforma de aprendizaxe, e serán explicadas pola profesora ao inicio do curso. Nas aulas a profesora guiará o alumnado para a execución destes proxectos. 25 A1
A2
A3
A4
A5
B2
B3
B4
B5
B7
B8
B9
B10
B11
B12
C37
C42
C43
C51
C53
C61
D1
D2
D3
D4
D5
D6
D7
D8
D9
D10
D11
D12
D13
D14
D15
D16
D17
D18
D19
D20
D21
D22
Simulación ou Role Playing Nas últimas sesións do curso o alumnado deberá presentar de forma dramatizada (simulación) unha breve mostra do seu proxecto e as actividades que nel se propoñen para o ensino da lingua estranxeira (inglés) na aula de Educación Infantil. Esta representación se levará a cabo en grupo (mesmo grupo que na realización do traballo escrito), e o resto do alumnado aportará comentarios e críticas constructivas que tamén serán avaliadas pola profesora neste apartado. As instruccións para a dramatización serán explicadas pola profesora ao inicio do curso e estarán dispoñibles en MOOVI. 25 A1
A2
A4
A5
B2
B4
B5
B7
B8
B10
B11
B12
C42
C43
C51
C53
C61
D1
D2
D3
D4
D5
D6
D7
D8
D9
D10
D11
D12
D13
D14
D15
D16
D17
D18
D19
D20
D21
D22
Presentación Ao longo do curso se realizarán dous tipos de presentacións orais por parte do alumnado, unha de caracter individual e outra en parellas que serán avaliadas pola profesora e en menor medida tamén polo propio alumnado. A actividade individual consistirá na dramatización dun conto ou contacontos (25%), e a actividade en parellas consitirá na creación dun video musical (15%). 40 A1
A2
A4
A5
B2
B3
B4
B5
B7
B8
B11
B12
C42
C43
C51
C53
D1
D2
D3
D4
D5
D6
D7
D8
D9
D10
D11
D12
D13
D14
D15
D16
D17
D18
D19
D20
D21
D22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

LINGUAS DE TRABALLO: 

A lingua de traballo da materia será principalmente o inglés, aínda que excepcionalmente se poderá empregar o castelán ou o galego. Na avaliación das diferentes probas teránse sempre en conta dúas vertentes: a lingüística (uso e expresión en lingua inglesa) e a de contido. 

AVALIACIÓN CONTINUA: 

A avaliación da materia será prioritariamente continua. Os traballos (obrigatorios), presentacións (obrigatorias), tarefas, etc. deberán ser realizados nas datas correspondentes establecidas ao inicio do curso e publicadas pola profesora en MOOVI. A avaliación do alumnado de intercambio seguirá exactamente o mesmo procedemento do alumnado da UVigo, sen excepcións. O incumprimento destes requisitos suporá a cancelación deste tipo de avaliación, e o alumnado terá que presentarse a segunda oportunidade de avaliación na convocatoria de xuño/xullo.

Do mesmo xeito, o uso de tradutores automáticos ou ferramentas de Intelixencia Artificial para a realización dos traballos suporá a inmediata exclusión do grupo da avaliación continua, debéndose presentar á avaliación da segunda convocatoria nas datas propostas polo centro e recollidas na páxina web da facultade.

A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un suspenso directo da materia na súa totalidade. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade.

Igualmente, os uso de tecnoloxías de apoio á aprendizaxe, incluida a Intelixencia Artificial, debe ser ético e xusto para co resto do alumnado e a docente. A docente poderá facer unha proba de avaliación alternativa a maiores das contempladas nesta guía en caso de sospeita fundada de que algún traballo (oral ou escrito) se teña feito total ou parcialmente usando ferramentas de Intelixencia Artificial sen telo declarado. Neste sentido, dada a imposibilidade de probar a utilización da IA, a sospeita fundada por parte da docente será condición suficiente como para que a proba suxeita a xuízo se anule e se substitúa pola proba alternativa, que se realizará en data e hora establecida pola docente.

AVALIACIÓN GLOBAL: 

Se algunha alumna/o non pode asistir regularmente ás clases e prefire optar por avaliación global, deberá comunicalo á profesora argumentadamente nas primeiras dúas semanas do curso. Nese caso, será avaliada/o mediante un exame que constará de dúas partes: 1/ a primeira será un exame escrito que avaliará os coñecementos teóricos desenvolvidos na materia e a súa aplicación práctica no deseño de actividades de diversa tipoloxía (75%) e se realizará na data proposta polo centro (www.fcced.webs.uvigo.es); 2/ a segunda será unha proba oral (25%) a que SÓ poderá presentarse o alumnado que supere a proba escrita e nela se desenvolverán contidos prácticos relacionados coa metodoloxía principal tratada no curso. A proba oral se realizará nunha data e hora establecida pola profesora dentro do periodo de realización de exames establecido pola Facultade. É responsabilidade do alumnado estar dispoñible para a a realización desta proba (que en ningún caso poderá coincidir con outro exame oficial) dentro do periodo sinalado para poder realizar a proba oral no caso de superar a proba escrita. Na avaliación das diferentes probas teránse sempre en conta dúas vertentes: a lingüística (uso e expresión en lingua inglesa) e a de contido. 

A escolla desta opción en ningún caso supón a perda do dereito a asistir ás aulas sempre que sexa posible, o cal se recomenda encarecidamente. Igualmente, o alumnado que non asista ás clases será responsable de manter un contacto continuado coa materia a través de Moovi.

De suspender a avaliación na primeira convocatoria o alumnado deberá examinarse de toda a materia na segunda.

Segunda convocatoria

A segunda convocatoria de xullo poderá presentarse tanto o alumnado que non acadara a puntuación suficiente na evaluación continua como o alumnado que non superase a avaliación única. 

Na segunda convocatoria o alumnado será avaliado mediante un exame que constará de dúas partes: 1/ a primeira será un exame escrito que avaliará os coñecementos teóricos desenvolvidos na materia e a súa aplicación práctica no deseño de actividades de diversa tipoloxía (75%) e se realizará na data proposta polo centro (www.fcced.webs.uvigo.es); 2/ a segunda será unha proba oral (25%) a que SÓ poderá presentarse o alumnado que supere a proba escrita e nela se desenvolverán contidos prácticos relacionados coa metodoloxía principal tratada no curso. A proba oral se realizará nunha data e hora establecida pola profesora dentro do periodo de realización de exames establecido pola Facultade. É responsabilidade do alumnado estar dispoñible para a a realización desta proba (que en ningún caso poderá coincidir con outro exame oficial) dentro do periodo sinalado para poder realizar a proba oral no caso de superar a proba escrita. Na avaliación das diferentes probas teránse sempre en conta dúas vertentes: a lingüística (uso e expresión en lingua inglesa) e a de contido. 

En todos os casos, A AVALIACIÓN DO ALUMNADO DE INTERCAMBIO SEGUIRÁ EXACTAMENTE O MESMO PROCEDEMENTO DO ALUMNADO REGULAR DA UVIGO, SEN EXCEPCIÓNS. O ALUMNADO DE INTERCAMBIO DEBE TER EN CONTA QUE ESTA MATERIA NON É MATERIA DE LINGUA INGLESA INSTRUMENTAL, SE NON UNHA MATERIA DE CONTIDO PEDAGÓXICO E DIDÁCTICO SOBRE O ENSINO-APRENDIZAXE DO INGLÉS COMO LINGUA ESTRANXEIRA NA EDUCACIÓN INFANTIL. AS DATAS DE AVALIACIÓN SERÁN TAMÉN AS MESMAS PARA TODO O ALUMNADO: O ALUMNADO DE INTERCAMBIO DEBERÁ ESTAR DISPOÑIBLE PARA A REALIZACIÓN DAS PROBAS E EXAMES NAS DATAS ESTABLECIDAS.

Recoméndase firmemente que o alumnado asista ás aulas con regularidade e se implique activamente no seu proceso de aprendizaxe. É responsabilidade do alumnado acceder regularmente aos contidos da materia e demáis ferramentas da plataforma Moovi. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000