Guia docente 2024_25
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Didáctica da lingua e a literatura infantil
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Esta sesión servirá para presentarlle a materia ao alumnado.
Lección maxistral Exposición por parte da profesora dos contidos teóricos sobre a materia, así como presentación de estratexias, experiencias e recursos didácticos. Isto tamén se levará á práctica mediante a formulación de diferentes propostas de traballo.
Presentación Exposición por parte do alumnado de diversos aspectos relativos aos contidos da materia ou dos resultados de análises, tarefas, traballos, experiencias, prácticas etc.
Obradoiro Realización de actividades ao redor da literatura, desde os seus diferentes xéneros e formatos (álbum silente, álbum ilustrado, libro-obxecto...), así como deseño de prácticas lectoras.
Aprendizaxe baseado en proxectos A partir da selección de textos literarios, procederase á súa reescritura para, posteriormente, seren dramatizados mediante o emprego de diferentes estratexias e recursos.
Eventos científicos Asistencia e participación en diferentes eventos vinculados coa materia, como é o caso do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000