PRIMEIRA CONVOCATORIA: O
alumnado presencial e o non presencial ten que alcanzar o 50% en cada unha das
probas para superar a materia. SEGUNDA CONVOCATORIA: De non superar a materia,
as competencias non adquiridas serán avaliadas exclusivamente co exame da
convocatoria de xuño-xullo. Con todo, se o alumnado presentou e superou as
partes prácticas durante o curso, gardaráselle a nota para facer media co exame
da convocatoria de xuño-xullo, pero non se poderán presentar as prácticas na
segunda convocatoria. AVALIACIÓN CONTINUA
(ALUMNADO PRESENCIAL): Seminario (25%); Traballo tutelado (35%); Exame de
preguntas de desenvolvemento (40%) AVALIACIÓN GLOBAL
(ALUMNADO NON PRESENCIAL): O alumnado que non poida asistir á clase
regularmente, non poida seguir a avaliación continuada nin asistir a
titorización dos traballos, realizará as seguintes probas: 1.- Unha proba
de contidos teóricos (ata 4 puntos, 40%). 2.- Un traballo, a determinar
polo profesor/a (ata 3,5 puntos, 35%). 3.- O resumo de dous libros, a
determinar polo/a profesor/a responsable da materia (ata 2,5 puntos
25%). Para aprobar é preciso alcanzar o 50% da puntuación en cada
unha das 3 probas. Os criterios de
avaliación da segunda convocatoria son os mesmos tanto para o alumnado
presencial como para o non presencial. As datas oficais de exame poden consultarse
na páxina web da Facultade, no apartado de organización académica, espazo
"datas de exames" (http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames/). As partes da materia
superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª,
considerándose aprobadas, polo tanto, nese curso académico. |