A avaliación que se propón é unha avaliación multicriterio, é dicir, unha avaliación que admite propostas de valoración en todas as actividades que levan a cabo (coñecementos teóricos, prácticos, traballos, exame…) permitindo realizar unha valoración integral do alumno/a.
Criterios para superar a materia: Modalidade de avaliación continua (alumnado
asistente): enténdese por alumnado asistente aquel que asiste con regularidade
ás clases (mínimo un 80%). Este deberá participar nas modalidades indicadas no
apartado de Avaliación e será condición indispensable para superar a materia
obter en cada unha delas como mínimo a metade da puntuación.
Modalidade de avaliación global (alumnado non
asistente): enténdese por alumnado non asistente aquel que non asiste con regularidade
ás clases (falta máis dun 20%). Este deberá realizar unha proba de coñecementos no
que entran todos os contidos da materia, incluídos os abordados nos traballos
prácticos. Será condición indispensable para superar a materia obter como mínimo
5 puntos.
Segunda convocatoria: As competencias non adquiridas na primeira
convocatoria serán avaliadas na segunda (xullo). De non superar esta última
convocatoria, non se guardarán as puntuacións obtidas. Responde ás mesmas
esixencias e probas realizadas na primeira convocatoria.
Datas de exames:
|