Código |
Descrición |
A2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
B2 |
Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva |
B3 |
Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan ás singulares necesidades educativas dos estudantes, á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos |
B11 |
Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela nos estudantes |
C8 |
Saber informar a outros profesionais especialistas para abordar a colaboración do centro e do mestre na atención ás necesidades educativas especiais que se susciten |
C10 |
Crear e manter lazos de comunicación coas familias para incidir eficazmente no proceso educativo. |
C19 |
Comprender que a dinámica diaria en educación infantil é cambiante en función de cada estudante, grupo e situación e saber ser flexible no exercicio da función docente. |
C21 |
Saber traballar en equipo con outros profesionais de dentro e fóra do centro na atención a cada estudante, así como na planificación das secuencias de aprendizaxe e na organización das situacións de traballo no aula e no espazo de xogo, identificando as peculiaridades do periodo 0-3 e do periodo 3-6. |
C22 |
Atender as necesidades dos estudantes e transmitir seguridade, tranquilidade e afecto. |
C23 |
Comprender que a observación sistemática é un instrumento básico para poder reflexionar sobre a práctica e a realidade, así como contribuír á innovación e a mellóraa en educación infantil. |
C30 |
Participar na elaboración e seguimiento de proxectos educativos de educación infantil no marco de proxectos de centro e en colaboración co territorio e con outros profesionais e axentes sociais. |
C61 |
Controlar e facer o seguimiento do proceso educativo e, en particular, de ensino e aprendizaxe mediante o dominio de técnicas e estratexias necesarias. |
D1 |
Capacidade de análise e síntese |
D2 |
Capacidade de organización e planificación |
D7 |
Resolución de problemas |
D9 |
Traballo en equipo |
D12 |
Recoñecemento da diversidade e multiculturalidade |
D13 |
Razoamento crítico |
D14 |
Compromiso ético |
D16 |
Adaptación a novas situacións |
D17 |
Creatividade |
D19 |
Coñecemento doutras culturas e costumes |