AVALIACIÓN EN 1ª CONVOCATORIA:
Para poder acollerse á avaliación continua a través da realización das actividades na aula é preciso asistir ás sesións lectivas de aula (Grupo A e Grupos B) e de aula-laboratorio (Grupos C) nun 80% do tempo presencial, cun aproveitamento idóneo.
A cualificación final (nota) será obtida, por avaliación continua, mediante a acumulación porcentual de cada unha das cualificacións singulares obtidas. En todo caso será necesario alcanzar unha cualificación mínima de aprobado (5 sobre 10) en cada un dos apartados establecidos no apartado de avaliación desta guía.
Os documentos e arquivos dos traballos e tarefas do curso serán dispostos, en tempo e forma segundo os prazos programados, por cada estudante no seu espazo persoal respectivo na aula virtual do curso en MOOVI.
O estudantado que non cumpra cos requirimentos para poder acollerse á avaliación continua deberá optar pola avaliación global. Esta levará a cabo mediante a realización dun exame teórico/práctico na data e hora que se establece no apartado de organización académica da páxina web da facultade.
EVALUACIÓN EN 2ª CONVOCATORIA:
De non ter superada a materia na 1ª convocatoria, as competencias non adquiridas serán avaliadas na convocatoria de xullo:
- No caso de ser estudantado que optou pola avaliación continua na 1ª convocatoria, poderá realizar as actividades pendentes de avaliación positiva.
- No caso de ser estudantado que non cumpriu coa asistencia presencial mínima do 80%, que non se presentou ao exame ou que non alcanzou unha avaliación positiva neste na 1ª convocatoria, deberá realizar o exame teórico/práctico (segundo corresponda).
DATAS DE EXAMES: consultaranse na páxina web da facultade no apartado de organización académica (http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames)
Horario de titorías da persoa coordinadora da materia: https://fcced.uvigo.es/gl/docencia/profesorado/rocio-araujo-alvarez/