Traballo tutelado |
A atención personalizada ten por obxectivo facer o seguimento da evolución do alumnado e apoiar o seu traballo dentro da asignatura. O/a docente abordará aqueles aspectos que precisen de reforzo, asesoramento e guía para que cada estudante acade os obxectivos marcados para esta materia.
Concretamente nas sesións maxistrais, o alumnado ten a posibilidade de presentar as súas dúbidas no desenvolvemento de cada unha das sesións.
Realizarase atención personalizada a demanda nas horas de titoría individualizada que consta na web da facultade, preferentemente previa cita.
Así mesmo, os e as estudantes poderán revisar a cualificación obtida na proba final escrita, comprobando que esta se axusta aos criterios de avaliación establecidos nesta guía docente.
|
|