Resolución de problemas de forma autónoma |
O profesorado ofertará ao alumnado unha escolma de textos. Consistirá nun análise crítico-reflexivo relacionado coas temáticas traballadas dentro dos contidos. Así mesmo, dentro da resolución de problemas e/ou exercicios abordarase o emprego das TIC e especificamente a visualización de vídeos susceptibles de enriquecer a materia e complementar á información e os contidos que se desenvolvan nas clases. |
Lección maxistral |
As leccións que conforman o temario desta materia serán elaborados e presentados de modo expositivo ao grupo de clase polo/a profesor/a que centrará a súa exposición, preferentemente, nos aspectos nucleares de cada unidade didáctica, procurando ofrecer de xeito condensado a información esencial que posibilite obter unha visión panorámica ou de síntese de cada tema, delimitando os conceptos, as ideas e os argumentos nel implicados e relacionándoos cos demais do programa para lograr unha integración dos módulos de contido e dos aspectos estruturais que conforman o corpus cognitivo da materia. |