Haberá a modalidade de avaliación continua, na que a asistencia é obrigatoria. Na modalidade de avaliación continua o profesor irá avaliando de forma cotiá a participación do alumnado na aula, así como o traballo diario. Tamén haberá a modalidade de avaliación global, coa realización de exames, tipo test e/ou respostas abertas.
Na Convocatoria de xullo gardaranse as cualificacións obtidas que tiveran polo menos unha nota de cinco (5). O alumnado deberá superar cada parte da materia da seguinte maneira: - Parte teórica: Exame tipo test - Parte práctica: a) se seguiu avaliación continua durante curso deberá presentar un traballo asignado polo profesor. b) se non seguiu avaliación continua deberá facer unha exame de preguntas abertas.
O alumnado do Programa Universitario para Maiores non deberá facer exame final, pero si deberá entregar un dossier da materia.
As datas oficiais dos exames pódense consultar na web da facultade no enderezo: http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames
|