Socioloxía, ciencia política e da administración e filosofía
Coordinador/a
Santos González, Diego
Correo-e
diego.santos@uvigo.gal
Profesorado
Lage Picos, Jesús Adolfo
Santos González, Diego
Web
Descrición xeral
Materia básica na formación do profesorado de Educación Infantil, que introduce na complexidade dos procesos e relacións educativas.
Sen descoidar aspectos xerais da disciplina sociolóxica, os contidos céntranse fundamentalmente no proceso de socialización, nas súas axencias e ámbitos principais, e na escolarización nas sociedades modernas.
O programa achega as dimensións estruturais e ideolóxicas que preceden, condicionan e entrelazan os procesos educativos. Proponse:
- Adquirir conceptos e teorías sociolóxicas que permitan a análise e comprensión da realidade social e educativa, a innovación, e o conflito.
- Abordar os aspectos sociais -non pedagóxicos nin didácticos- implicados na educación.
- Contextualizar os procesos educativos no seu medio social e histórico, e reflexionar sobre os cambios sociais contemporáneos.