AVALIACIÓN CONTINUA Realizarase unha avaliación continua mediante o seguimento do alumno no traballo de aula, mediante a exposición de
traballos e a realización de probas., que se describiron os anteriores apartados Avaliarase a súa competencia lingüística, a aprendizaxe e
adquisición de coñecementos e a contribución crítica de ideas e reflexións no desenvolvemento dos
devanditos traballos. Para ser avaliado con esta modalidade, o alumno deberá entregar todas as probas que estableza o profesorado, nas datas
sinaladas. Se o alumno non entrega todos os traballos, non poderá acollerse á avaliación continua. AVISO: a detección de plaxio en calquera das obras propostas suporá a perda do dereito á avaliación continua. AVALIACIÓN GLOBAL O alumnado que non siga a avaliación continua realizará unha proba final que terá un valor do 100% da nota final, que se
realizará nas datas oficiais que estableza o centro. Neste exame haberá unha parte teórica e outra práctica que inclúe tanto
exercicios de corrección lingüística, similares aos realizados nas horas prácticas da materia, como a aplicación didáctica dos
contidos traballados ao longo do curso. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia dende unha
perspectiva aplicada e didáctica. As datas dos exames pódense consultar na páxina web da Facultade de Ciencias da Educación e Deponerte no apartado "Organización académica" (http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exámenes) SEGUNDA CONVOCATORIA Se non superan a materia, serán avaliados en segunda convocatoria durante o mes de xullo.
Neste caso, a avaliación realizarase mediante un exame, que valerá o 100% da nota final. As datas dos exames pódense consultar na páxina web do centro, no apartado Organización Académica:
http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exámenes. |