A materia aporta as nocións básicas que debe posuír o alumnado universitario sobre a construción do coñecemento científico e a ética profesional. Delimita a diferencia entre a ciencia e a profesión no ámbito competencial da titulación do Grado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, e afonda no coñecemento do obxecto de estudo da mesma: motricidade, corporeidade e prácticas corporais.