Guia docente 2024_25
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Pedagoxía da educación física e o deporte
   Recomendacións


 
Outros comentarios
Aquel alumnado coa condición de Deportista de Elite deberá enviar ó comezo do curso por e-mail a documentación xustificativa correspondente á coordinadora da materia. O estudantado con necesidades específicas de apoio educativo, debidamente acreditadas, terá dereito a unha adaptación, tanto da planificación da ensinanza coma das metodoloxías e sistemas de avaliación, así coma un seguimento personalizado, sendo preciso informar de tal condición ó profesorado coordinador da materia. Os medios informáticos ou electrónicos durante as clases utilizaranse unicamente seguindo as indicacións do profesorado e exclusivamente con fins docentes. O sistema de titoría empregado será "aberto" ou "a demanda" e será acordado con cada alumno/a a data, hora e medio (presencial, Campus Remoto, e-mail, etc), atendendo fundamentalmente á dispoñibilidade do alumnado. Deberá solicitarse por correo electrónico, indicando a solicitude da titoría e as franxas horarias semanais libres das que se dispón. Os e-mails que se envíen deberán de permitir a identificación (incluirán nome, apelidos, curso e grupo) e indicarán o motivo da consulta.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000