Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Pedagoxía da educación física e o deporte
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral As sesións maxistrais serán avaliadas mediante unha proba obxectiva que inclúe preguntas directas sobre algún aspecto concreto do temario.
Deste 50% que lle correspondería á cualificación global da parte teórica da materia, un 40% pódese obter a través da proba escrita e o 10% restante podería gardar relación cos procesos de avaliación continua (traballos de aula; preguntas orais, comentarios e participación sobre as explicacións da clase; actividades alternativas ou traballos específicos que faciliten a avaliación ao longo de todo o período lectivo; saída de estudos).
40 B1
B4
B6
B9
B10
B11
B12
Presentación Avaliarase a claridade, profundidade e capacidade expositiva oral coa que se presente o traballo, diante da clase, así como a participación e actitude. 5 C1
C2
C3
C4
C11
C12
C13
C18
D1
D2
D3
D4
D11
D12
D13
D20
Traballo tutelado Traballos monográficos a modo de iniciación á investigación, en grupos reducidos ou a nivel individual, que versarán sobre aspectos relevantes da Pedagoxía da Educación Física e do Deporte. Deberán ter requisitos de calidade académica e serán abordados ao inicio do cuadrimestre pola docente. Avaliarase o contido e a preparación dos materiais pertinentes que aporten calidade á materia, o formato axustado ós estándares científicos, a orixinalidade, a presentación ... 20 B1
B4
B6
B9
B10
B11
B12
C1
C2
C3
C4
C11
C12
C13
C18
C25
C26
D1
D2
D3
D4
D11
D12
D13
D24
D25
D28
D29
Seminario Avaliarase a súa realización/participación/actitude en relación á elaboración do traballo voluntario, por grupos ou a nivel individual, así como a implicación dos distintos membros na realización das tarefas a desenvolver ao longo do curso.
10 B1
B9
C1
C2
C3
C4
C11
C12
C13
C18
D1
D2
D3
D4
D11
D12
D13
D20
Resolución de problemas Traballos sobre contidos específicos que aporten actualidade e reflexión crítica ás temáticas traballadas na aula. Estes traballos deberán ter uns requisitos de calidade académica e serán abordados pola docente ao inicio do curso. 5 B6
B10
B11
C1
C2
C3
C4
C11
C12
C13
C18
C22
C25
C26
D1
D2
D3
D4
D11
D12
D13
D20
D24
D25
D28
D29
Actividades introdutorias Non avaliable. 0 B1
B4
B6
B9
B10
B11
B12
Aprendizaxe colaborativa Traballo monográfico, en grupos reducidos ou a nivel individual, que versará sobre aspectos relevantes da Pedagoxía da Educación Física e do Deporte. 5 B1
B4
B6
B9
B10
B11
B12
C22
C26
D25
D29
Metodoloxías baseadas en investigación Traballos monográficos a modo de iniciación á investigación, en grupos reducidos ou a nivel individual, que versarán sobre aspectos relevantes da Pedagoxía da Educación Física e do Deporte. Deberán ter requisitos de calidade académica e serán abordados ao inicio do cuadrimestre pola docente. Avaliarase o contido e a preparación dos materiais pertinentes que aporten calidade á materia, o formato axustado ós estándares científicos, a orixinalidade, a presentación ... 10 B1
B4
B6
B9
B10
B11
B12
C1
C2
C3
C4
C11
C12
C13
C18
C22
C25
C26
D1
D2
D3
D4
D11
D12
D13
D20
D24
D25
D28
D29
Design Thinking Aplicación da creatividade e a multidisciplinariedad ós distintos traballos propostos ó longo da materia 5 B11
C26
D29
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Todo o alumnado, asistente ou non asistente, ten dereito a ser avaliado (mediante un exame -proba escrita- e a entrega dos traballos prácticos obrigatorios).

A cualificación final da materia resultará da integración das distintas notas, debendo ser superadas todas as partes (teoría e prácticas) para poder obter unha cualificación positiva. 

De non ter superada a materia na primeira convocatoria, as competencias non adquiridas serán avaliadas na segunda convocatoria, mediante proba obxectiva e os traballos realizados ao longo do curso.

Tanto a cualificación da proba obxectiva coma a cualificación dos distintos traballos feitos no seu momento durante o curso, seguirán vixentes na segunda convocatoria ou convocatoria extraordinaria.

O alumando terá dereito a elixir o tipo de sistema co que será avaliado: avaliación continua ou global. A avaliación será preferentemente continua, salvo que se indique ó profesorado a elección de avaliación global, que se realizará no primero mes do inicio da actividade académica. A elección da modalidade de avaliación global suporá a renuncia á avaliación continua. 

O alumnado non asistente deberá contactar ao inicio do curso coa docente, para coñecer os prazos de entrega das diferentes actividades e traballos solicitados (similares aos realizados polo alumnado asistente) e optará por unha avaliación global. Aquel alumnado que non cumpra o requisito de asistencia mínima, pasará a ser considerado alumnado non asistente, optando por unha avaliación global.

As datas oficiais dos exames pódense consultar na Web da Facultade, na seguinte ligazón: www.fcced.uvigo.es/gl

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000